Warning: session_start() [function.session-start]: open(/tmp/sess_c52ff7327d8600518e51488b4777b6f1, O_RDWR) failed: Disk quota exceeded (122) in /docroot/ga/comun-web.inc on line 4
Warning: session_start() [function.session-start]: Cannot send session cookie - headers already sent by (output started at /docroot/ga/comun-web.inc:4) in /docroot/ga/comun-web.inc on line 4
Warning: session_start() [function.session-start]: Cannot send session cache limiter - headers already sent (output started at /docroot/ga/comun-web.inc:4) in /docroot/ga/comun-web.inc on line 4 Xingra. Música dende Galicia
Carlos Casadó e Damián Hernández presentan novo CD Música entre historias
Música entre historias ofrece excelente música para clarinete e piano que os intérpretes quixeron conectar en certo xeito coa literatura, inspirados polos termos que dan título ás obras, pola natureza lírica das mesmas e pola vinculación que os seus autores tiveron con certos escritores. Lenda, fantasía, tumba, danza, inferno, queixume, estudo, son palabras que dan continuidade ao *Érase unha vez…que inefablemente renova a ancestral ilusión do ser humano por escoitar algo que lle faga saír de si ou mellor devandito, volver sobre el con outro horizonte.
Xocas Meijide estrea o selo xingra adicado a música de cámara Doubles é o título de este traballo con obras para clarinete e clarinete baixo
Grabado no ano 2008 con obras de Elliot Carter, Luciano Berio, Isang Yun, Henri Bok, Donald Martino e Patrick van Deurzen
constitúe unha ventá á música escrita para clarinete
na segunda metade do seculo XX.
Próximamente en iTunes, Spotify e demais puntos de venta virtual.
Próxima publicación de Nani García trío "Renaissance" sairá á venda a partir do 25 de Abril
A partir de finais de abril saerá ao mercado o primeiro traballo de Nani García trío "Renaissance".
Con MIguel Cabana na batería e Simón García no contrabaixo presenta 8 temas compostos por Nani
grabados no pasado mes de Decembro en A Coruña.
Enrrugas (Wrinkles) BSO de Nani García Xa a venda en plataformas virtuais
Xa está a venda nas principais tendas virtuais a BSO de Enrrugas. Recentemente galardoada con dous Goyas e acaparando multitude de nominacións en todo o mundo.
Standards&Ballads Roberto Somoza - Steve Brown -Alfonso Morán
Standards & Ballads é un disco gravado en duas sesións distintas.
4 temas a trío e 4 a dúo forman o conxunto de esta obra composta
por temas clásicos da música americana.
O guitarrista Steve Brown, compositor de dous dos temas, e o contrabaixista
Alfonso Morán, acompañan a Roberto Somoza neste CD que inda que conserva
o sonido personal do intérpetre, lembra os sonidos clásicos do bebop e o harbop.
Roberto Somoza - Yellow Xa á venda en www.xingra.com
YELLOW é a historia dunha viaxe real e imaxinaria.
Un paseo por New York, Cuba, París,
Sofía, Rianxo…
Unha historia contada con música, en donde
cada personaxe ofrécenos a súa versión a través
da improvisación.
9 contos breves que transportan o ointe
polas calles de medio mundo.
FORMACIÓN:
Roberto Somoza: Saxo Tenor
Nicolay Velikov: Violín
Sérgio Delgado: Organo
Alfonso Morán: Contrabaixo
Miguel Cabana: Batería
Xocas Meijide: Clarinete
Roberto Somoza - The Vanguard Xa á venda en www.xingra.com
THE VANGUARD, é un proxecto que rende tributo ao saxo alto, con composicións e arranxos comtemporáneos que explotan ao máximo o formato da pequena orquestra moderna de jazz.
Unha pequena homenaxe aos grandes mestres clásicos deste instrumento,
tratados agora desde un punto de vista diferente.
Composto, arranxado e dirixido por Roberto Somoza.
Unha sección de cinco ventos e trío de ritmo dan forma a este disco que conta coa colaboración do pianista e compositor Nani García, produtor do disco xunto a Javier Ferreiro.
Novas composicións, novos sons, un novo proxecto musical que fusiona o jazz cos recursos que ofrecen as últimas tecnoloxías. Un son totalmente novo dentro dunha formación clásica formada por un saxofón, baixo eléctrico e batería.
O novo CD xa está dispoñible en tendas e na web Xingra.com desde o 5 de maio de 2008.
FORMACIÓN:
Roberto Somoza - saxo tenor
Kin García - baixo eléctrico
Fernando Llorca - batería
Xa se pode adquirir a través do portal Xingra.com a longametraxe de animación "De Profundis". Unha edición de luxo, acompañada dun DVD con contidos exclusivos.
Nani García xa dispón dunha páxina web oficial donde consultar os proxectos nos que está a traballar, novas e demáis información relacionada co compositor.
Warning: Unknown(): open(/tmp/sess_c52ff7327d8600518e51488b4777b6f1, O_RDWR) failed: Disk quota exceeded (122) in Unknown on line 0
Warning: Unknown(): Failed to write session data (files). Please verify that the current setting of session.save_path is correct (/tmp) in Unknown on line 0