Bandas  
  BSO  
  Cámara  
  Domundo  
  DVD  
  Jazz  
  Pop  

A súa cesta da compra
Productos: 0
Importe: 0,00 €

__Tenda As leis de Celavella 
 

Prezo: 9,99 €
(IVE incluido)
Engadir á cesta

Nani García

Referencia: XC0104CD

CD (xingra.com/bso XC0104CD)
© & ® 2004


A serie de tv As leis de Celavella tiña, entre outras intencións, a de facer do noso pasado -máis inmediato do que parece- terreo da ficción. Para esa viaxe, estrañamente pouco frecuentada, precisábanse boas alforxas; unha delas, a música. Nani García amosou intelixencia e gracia na procura das musicas que velasen por imaxes e situacións. Un músico sabe de harmonía e iso é o que hai entre o seu traballo e a serie. A música que Nani compuxo para As leis de Celavella evoca o pasado e resulta, a un tempo, familiar; reforza a gravidade dos acontecementos que o detective ha de clarexar, pero sabendo conservar a sorna de quen non olla con severidade; fala do sobrenatural, como corresponde a un conto de fantasmas, en convivencia co natural dunha vila na Galicia dos anos vinte pola que anda un asasino solto. Unha vila e un tempo ós que para regresar abonda con sentir de novo a música de Nani García.

Alfonso Blanco & Pepe Coira (productores da serie)




Duración
Total: 50:43




Músicos

Pedro F. Roque: piano
Xavier Gómez: arpa
Roberto Somoza: clarinete
Pablo L. Torneiro: acordeón
Nikolai Veliakov: 1º violín
Enrique Roca: 2º violín
Xosé Folgueira: viola
Carlos G. Amigo: cello
Alfonso Morán: contrabaixo
Nani García: piano, teclados e programación e dirección.

<< Voltar >>