Prezo:
9,99 €
(IVE incluido)
| Nani García tríoReferencia: XC1202 Nani García Trío tivo os seus comezos no ano 1986. Nese momento un novísimo Alfonso Morán ao contrabaixo e Carlos Castro á batería eran os outros dos membros do grupo xunto co pianista Nani García. Ao pouco tempo Fernando Llorca sustituiu a Carlos Castro na batería. Durante os anos 90 tocaron xuntos e foi esta formación a encarregada de inaugurar os concertos do ciclo de Jazz da Fundación Barrié alá polo ano 1996. Durante estes anos tiveron unha actividade frenética por toda a península, chegando a ser premiados polo programa de jazz máis lonxevo da televisión en España "Jazz entre amigos". Sen embargo nunca chegaron a grabar xuntos. Na actualidade Nani García regresa cunha nova formación en trío con Simón García e Miguel Cabana. O seu álbum debut, “Renaissance”, con composicións de Nani García, pretende ser unha reflexión en clave positiva da importancia de reinventarse día a día.
Nani García, piano
Simón García, contrabaixo
Miguel Cabana, batería
Temas:
1. Nenos nas rochas (malo será)
2. Arrolo de Toques
3. Qué te piensas?
4. Lúa de Abril
5. Arlecchino
6. Como bágoas de todo
7. Novembro de Jacarandás
8. Esse est percipi
Duración:
Total: 59:03 |